08/11/2007

Xoves, 15 de novembro

De 16:00 a 19:00.- Proxección en sesión continua dunha escolma de documentais científicos gañadores nos Premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación.

16:00 - “Los transplantes” (UNED), Premio Prisma 1988

16:30 - “A cavern beyond time” (Cristian Lascu, Rumanía), Premio Prisma 1995

17:00 - “Atapuerca: El misterio de la evolución humana" (Javier Trueba), Premio Prisma 1997”

17:30 - “Enfermedades genéticas” (Dr. J. Egozcue), Premio Prisma 1999

18:00 - “Misión a Marte” (Mª Jesús Canellas), Premio Prisma 2002

18:30 - “Mar de estrelas” (Jorge Candán), Premio Prisma 2004

Sala Leonardo da Vinci da Domus. Entrada libre e gratuíta. Aforo limitado.

20:30 horas.- Pre-estrea do filme documental “Artic Tale” (Os Reis do Ártico), produción de National Geographic e Paramount Classics dirixida por Sarah Robertson e Adam Ravetch. Unha aventura épica que explora o vasto mundo do Polo Norte a través de dous protagonistas, un osiño polar, Nanu, e un cachorro de morsa, Seela, na súa máxica viaxe desde a indefensa infancia cara a madurez. O filme preséntase na Coruña catro meses antes da súa estrea en salas comerciais. (V.O.S.)

Teatro Rosalía de Castro. Entrada libre e gratuíta. Aforo limitado.

Sem comentários: